O Método Scout

Proposta de educación activa

O escultismo é unha proposta de educación activa, cuxo obxectivo é axudar aos nenos, nenas e mozos a converterse en homes e mulleres libres, responsables, donos de si mesmos, cidadáns íntegros, abertos aos demais e activos na construción da sociedade

Sistema educativo

O Escultismo é un sistema educativo para o tempo liibre, que complementa o labor da familia e a escola, respondendo ás necesidades que non son resoltas neses ámbitos. Estimula nos nenos e nenas, a ansia de saber, de descubrir, de explorar.
O Escultismo creado por Baden Powell a principios do século pasado, estendeuse ao longo e ao largo do planeta, formando hoxe o movemento infantil e xuvenil máis grande de nunca coñecésese.

Bases do sistema

Para que o neno/a poida crecer e desenvolverse no mundo de hoxe, é preciso que se apoie sobre terreo firme, que teña bases profundas. O Escultismo ofrécelle algunhas.
En primeiro lugar, o Escultismo apóiase sobre o dinamismo alegre dos nenos que teñen a posibilidade de facer o que lles gusta. Pouco a pouco os seus intereses iranse facendo máis difíciles, pero o seu apaixonamento fará que superen as dificultades. Encontran niso unha satisfacción profunda que os estimula, desenvolvéndoos.
O Escultismo proporciona tamén aos mozos un espazo de liberdade, de creatividade. Por iso concede un lugar privilexiado ao aire libre, á natureza. O formigón das cidades ofrece poucas oportunidades de descubrimento, de creación de experiencias. O aire libre permite ao rapaz/a, redescubrir os ritmos naturais, xogar libremente, correr, desenvolver o seu corpo, enfrontarse aos elementos, estruturar o seu marco vital.

Dinamismo e sociedade a nivel do neno e do mozo

O Escultismo permite tamén aos rapaces/ás, vivir a experiencia dunha pequena sociedade ao seu nivel. Actualmente a escaseza de campos de xogo, a multiplicación das prohibicións nas cidades, a televisión, a consola, o ordenador, o ritmo da vida moderna, fan que a vida social espontánea dos rapaces/ás, se faga cada vez mais pobre e estereotipada. O Escultismo polo xogo en equipo (estrutura pequena en que se dividen, tamén chamada Patrulla), e polas Consellos (referido aos organismos internos en xeral da sección scout), pretende iniciar a aprendizaxe das relacións sociais. O Escultismo desenvolve o desexo naturais de ser útil para algo, isto permite ao rapaz encontrar o seu lugar e caer na conta de que pode cambiar algo o mundo.

Posibilidades do sistema scout

As posibilidades que o Escultismo pode suscitar nas persoas, definíaas así Baden Powell, fundador do movemento scout:
  a)Facer do individuo un cidadán activo e feliz.
  b) Levar a persoa a comprometerse coa comunidade en que vive.
  c) Reforzar a mesma fraternidade, creando unha benevolencia internacional que sexa un paso cara á paz permanente.

O Escultismo está situado dende un principio por Baden Powell na sociedade.

Non é un medio pechado en relacion á vida cotiá; é unha escola de cidadanía. Un cidadán activo que non se desentende do mundo en que vive, un cidadán participativo, que intervén, e que polo tanto sabe analizar con lucidez para obrar eficazmente. Un cidadán feliz, non un ser amargado sistematicamente, encerrado no seu egoísmo, senón feliz porque é capaz de actuar, e actuar para mellorar o defectuoso. Todos sabemos que iso é o que nos fai ditosos, actuar para mellorar.

Un cidadán que mira os demais como irmáns, nunha comunidade local, nacional ou internacional. Esta noción da solidariedade é a visión que o Escultismo ten do home de hoxe, movemento internacional estendido por todo o mundo, soubo adaptarse aos distintos lugares e culturas, nunha inmensa fraternidade que desempeña o seu papel con medios propios cara a unha verdadeira paz universal.

Características do método

  • Educación en valores: un compromiso persoal e unha lei

  • A educación pola acción

  • O traballo en pequenos grupos

  • Programas progresivos e atraentes

  • A aprendizaxe a través de xogos divertidos con obxectivos educativos, e do servizo

 

 

 



breogan.scouts@gmail.com